martes, 18 de diciembre de 2012

Análise de espía: Edgewater Exploration e outras minas.


En este post imos intentar dar un pouco máis de claridade ao proxecto realizando unha análise de espía centrada en dous puntos: Intentando responder a complexa pregunta de ¿ Quen é Edgewater Exploration ?, a empresa que vai a levar a cabo o proxecto da mina de Corcoesto, e, realizando unha observación sobre casos de minas similares para ver os seus impactos e que pasou verdadeiramente na rexión.


¿ QUEN É EDGEWATER EXPLORATION ?



Edgewater Exploration LTD. é unha empresa canadense, como a maioría de empresas que están invertindo na explotación de ouro por todo o mundo, coa sua sede central localizada en Vancouver ( British Columbia ) adicada á exploración, adquisición, explotación e promoción de propiedades relacionadas con metais preciosos. O nome de Edgewater é tomado de unha rexión próxima de Columbia.

A empresa foi creada no ano 2007 por varios grupos financieiros adicados a investir na exploración e explotación de xacementos de ouro e propietarios de máis empresas similares. A maioría dos seus dirixentes son técnicos xeólogos ou economistas e o CEO, George Salamis, ocupa tamén postos de responsabilidade en outras empresas e proxectos do mesmo sector.

Actualmente conta con dous proxectos en marcha, a Mina de Ouro de Corcoesto e o Enchi Gold Project en Ghana dos que o máis avanzado é o galego e para os que busca aumentar a financiación e capital dispoñible mediante a venda de accións e a cotización en bolsa.

Edgewater conseguiu adquirir o proxecto de Corcoesto xa en unha fase avanzada mediante a compra da empresa Rio Narcea Gold Mines dependente do grupo Rio Narcea que xa levaba anos realizando prospeccións na zona e tiña iniciado as primeiras fases do proxecto orientado cara a unha futura aprobación e apertura da mina. O 20 de Outubro de 2010 comenzábase a realizar outra fase de prospección, xa promovida pola empresa canadense, de máis de 12,000m coa finalidade de determinar ata onde chegaba o xacemento e cantas onzas de ouro había exactamente. Este estudio finalizou a mediados do 2011 con moi bos resultados para a empresa que aumentou as perspectivas de explotación con respecto a datos anteriores ao estimar o xacemento en máis de 1.5 M de onzas das que espera extraer máis de 100.000 ao ano dando como resultado unha vida da mina de aproximadmente 10 anos.

Como xa se mencionou anteriormente, xunto ao de Corcoesto a empresa Edgewater ten outro proxecto en marcha. Trátase do Enchi Gold Project situado en Ghana ( segundo productor de ouro mundial, con máis de 2.9 millóns de onzas anuales ) en unha rexión ben coñecida para as empresas de este sector por as abundantes reservas do metal dourado e os seus baixos costes de producción tanto en man de obra como en responsabilidades fiscais ou ambientais. Ao igual que no caso de Corcoesto, Edgewater adquiriu o proxecto xa avanzado unha vez realizados os primeiros estudos e prospeccións de máis de 30.000m por parte da empresa Red Black Mining e pensa invertir máis de 5 millóns de dólares para continuar coa investigación do xacemento.

Este proxecto é moi superior ao de Corcoesto en todas as cifras xa que presenta unha lonxitude de 50km dividido en 16 xacementos que albergarian unha cantidade de onzas tamén bastante maior, aínda por concretar.

Enchi Gold Project - Estructura e depósitos


A pesar de todo o explicado previamente en este post a organización e organigrama da empresa non están demasiado claros e carecemos de referentes previos xa que esta non ten ningunha mina aberta coa que podamos comparar ou tomar referencias, foi creada en 2007 e estes son os seus dous primeiros proxectos polo menos baixo este nome. Por outra banda, atopamos certa información en outros blogs e páxinas webs sobre a materia que apuntan a que Edgewater e o grupo financieiro do que depende poderían ter contactos nas altas esferas da política canadense que lle facilitarían a obtención de licenzas e beneficios políticos nese e noutros países. Pero esta información son solo conxeturas e hipóteses que non podemos comprobar nin afirmar e que poderían ser simplemente o resultado de un intento de desprestixio por parte de grupos ecoloxistas ou plataformas en contra da actividade que esta realiza.

  • Que opinades vós sobre a empresa Edgewater Exploration ?






OUTRAS DE MINAS DE OURO

Minas de Salave e La Codosera:

En este apartado creo que debemos comenzar analizando os dous proxectos que pretende levar a cabo a empresa Asturgold, ao igual que Edgewater é unha empresa canadense con base en Vancouver e é propietaria de Exploraciones Mineras del Cantábrico S.L e do Grupo Minero Salave. En este caso a maioría do persoal humano é español. Os dous proxectos mencionados son as minas de Salave ( Asturias ) e La Codosera ( Extremadura a 40km de Badajoz ).

O máis importante é o da Mina de Salave xa que, ao igual que o de Corcoesto, é un dos xacementos sin explotar máis grandes de Europa occidental con aproximadamente 1.7 millóns de onzas de ouro para a que empresa calcula unha vida de uns 15 anos incluindo o proceso de desmantelación. En este caso debido ao gran valor ambiental, ecolóxico e paisaxístico da zona a explotación vai ser subterránea para intenar minimizar os impactos, para isto inicialmente vanse construir duas galerias de 700m e 2700m con un custo de máis de 120 millóns de euros. Ademais disto a empresa tamén se compromete a cumprir unha política de “vertido cero” en materia de augas, a NON utilizar cianuro ( que si se vai empregar en Corcoesto ), a adquirir os terreos que se veixan directamente afectados e a restaurar completamente a zona unha vez rematada a explotación.


Futuro emprazamento da Mina de Salave na costa asturiana


Se todo o prometido pola empresa se leva a cabo e non queda en fume eu penso que a Mina de Salave se poderia convertir en un exemplo de que non todo ten porque ser como se vai a facer en Corcoesto e que as autoridades políticas deberían obrigar ás empresas a xogar con determinadas reglas como poden ser a non utilización de cianuro ou a explotación subterránea que na maioría dos casos non van a facer voluntariamente ao supoñer uns costes maiores. A pesar de todo, como xa dixen, haberá que velo xa que o entorno e enormemente rico paisaxísticamente como se pode apreciar na fotografía.

O outro proxecto en marcha de Asturgold é o da Mina de La Codosera cerca de Badajoz. Esta rexión divídese en cinco zonas de investigación e é famosa polas suas reservas de ouro que xa foron explotadas polos romanos fai 2000 anos, durante o s.XX o Instituto Geológico y minero de España (IGME) realizou diversos programas de exploración pero a empresa canadense pensa que a área aínda está pouco explorada e pode representar un importante potencial de mineralización en ouro.

Aínda así este proxecto está moito menos avanzado e presenta unhas dimensións menores ao de Salave pero cabe mencionalo ao ser realizado por a mesma empresa.


Mina de Lomero – Poyatos:

Outro proxecto que me chamou a atención por tratarse de novo de unha empresa canadense e de unha explotación subterránea en contraposición a de ceo aberto de Corcoesto é a de Lomero – Poyatos. En esta ocasión a empresa promotora e Petaquilla Minerals que xa conta con unha mina en funcionamente dende 2009 en Panamá.


Emprazamento da mina de Lomero - Poyatos cerca de Sevilla


Como podemos observar na imaxe esta mina está formada por diversos proxectos, núcleos de explotación, relativamente separados entre eles que se enmarcan no chamado Cinturón da Pirita Ibérico ao seu paso cerca da cidade de Sevilla. A mina foi utilizada para a extracción de pirita como materia prima para a elaboración de ácido sulfúrico e leva pechada máis de 20 anos, a empresa quere poder a comezar de novo a extracción, tras as correspondentes reformas, no ano 2014. A base da mina son os núcleos superficiais de Lomero e Poyatos que se combinan en profundidade para formar un xacemente de aproximadamente un kilómetro de lonxitude.

Petaquilla destaca como principais puntos fortes para a reapertura da mina as excelentes infraestructuras e loxística da zona, a cooperación e apoio dos gobernos rexional e autonómico e a longa historia de minería no Cinturón de Pirita Ibérico que garantiza un bon rendemento e resultados incluso con varias explotacións ao mesmo tempo.




Todas estas minas, ao igual que a de Corcoesto, contan con posturas a favor e en contra, con partidarios e detractores, todas elas atopan un apoio dos gobernos locais e todas van a ser explotadas por empesas canadienses deixando máis que en dúbida os beneficios sobre as zonas que estas prometen.


  • Que opinades sobre esta nova febre do ouro que se esta a producir?


  • Que opinades sobre o feito de que a gran maioría de promocións no ámbito da minería do ouro esten promovidas por empresas canadenses?


  • Creedes que un modelo de mina máis sustentáble como parece que propón a de Salave é posible?



Firmado:
Miguel Núñez Torres

jueves, 13 de diciembre de 2012

Cal será o Impacto Ambiental da Mina?


Neste Post tentaremos amosar os principais problemas que se atoparon na Avaliación de Impacto Ambiental facilitada por Alba Nogueira.

Avaliación de Impacto Ambiental da Mina de Corcoesto.

Os maiores problemas a nivel ambiental, atopáronse co deseño da Balsa de lodos, co sistema de distribución de enerxía, cos ruidos, coa protección do solo e co Lic Río Anllóns.

Balsa de lodos

A balsa de lodos ubicarase no val de Lourido, nas proximidades da zona minera. O deseño da misma obedecerá a normas internacionais específicas.

A pregunta é, existen realmente normas que regulen isto?

Sistema de distribución de enerxía

A zona do proxecto está atravesada pola línea de alta tension do sector 2810 de Unión Fenosa, de 66 kV que vai de Cabana a Carballo. Esta línea vaise desviar para non ser afectada pola explotación.

Pero, como se vai facer este desvío? Existe un acordo con Fenosa? Pode esto afectar a terceiras persoas?

Xeración de ruidos

A explotación desenvolverá as súas actividades en horario diurno e nocturno e moi próxima as vivendas. Existen actividades potencialmente xeradoras de ruido como poden ser as voladuras, operacións de carga e descarga, circulación de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe, operacións de trituración e outras.

Protección do solo

Nas proximidades da area onde se van ubicar as instalacións da explotación, existe unha zona catalogada como Suelo rústico de protección de vales e cauces. Esta zona atópase dentro dos límites da concesión mineira, aínda que sobre ela non se vai a levar a cabo ningunha actividade. O punto máis cercano da explotación ao río Anllóns está a máis de 100 m de distancia.

Si esto é así habería que comprobar como isto pode afectar a este espazo.

Lic Río Anllóns

O Lic Río Anllóns na zona próxima a area de explotación mineira clasifícase como Zona de Uso Moderado (ZPDG-4) que corresponde a territorios con valor de conservación medio. Trátase dunha area en mosaico, na que en conxunto predominan medios antrópicos e seminaturais. Nas inmediacións da zona do proxecto o valor de conservación do LIC Río Anllóns presenta un predominio da clasificación alto-moi alto, con zonas puntuales valoradas como baixo.

Estos serán a grandes rasgos os maiores inconvintes ambientais que xerará a mina. Que opinades vós?

Firmado: Arturo Pérez.

Resultado da enquisa.

Dende a apertura do blog propuxemos aos visitantes unha enquisa para que deran a súa opinión sobre se lles parecía axeitada a apertura da mina de ouro de Corcoesto. As opcións que se deron a escoller para respostar a cuestión ¿Estás a favor da mina? foron catro:

- Si, totalmente (47%)
- Non, de ningunha maneira (44%)
- Si, con condicións (6%)
- NS/NC (3%)

Algo que nos chamou moito a atención foi que a falta de 4 días para pecharse a votación, o Non vencía de maneria clara co 70% dos votos. Foi neste momento cando dun día para outro o número de votos do Si equiparouse os do Non para superalo no último día.
Esto contrasta co dito no blog ata o de agora xa que a maoría dos argumentos expostos polos lectores eran contrarios a apertura.

Esto fainos pensar, se é posible que en realidade exista unha maioría a favor da mina pero que non se manifeste nin sexa tan chamativa como os que están en contra.


Firmado: Arturo Pérez, Daniel Barreiro.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Entrevista a Alba Nogueira


O pasado día 27 de Novembro os membros de Girondgal acudimos á Facultade de Dereito para entrevistarnos coa profesora Alba Nogueira sobre cuestións relacionadas coa Mina de Corcoesto, centrándonos, sobre todo, na parte máis lexistaltivo - ambiental.


¿ Quen é Alba Nogueira ?



Alba Nogueira López é na actualidade Profesora Titular de Universidade de Dereito Administrativo e Secretaria da Facultade de Dereito. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago en 1991, realizou tamén unha Licence en Dereito Europeo e Internacional (opción: Droit européen) na Université Catholique de Louvain (setembro 1992 - xuño 1993). Ademáis cursou estudios de especialización en materia de urbanismo e medio ambiente.

Doutora desde 1997 cunha tese sobre o "Réxime xurídico das auditorías ambientais", dirixida polo Prof. Carro Fernández-Valmayor, realizada co apoio dunha bolsa de FPI e pola que obtivo o Premio IurisGamma de Teses Doutorais. A formación investigadora completouse con diversas estadías en centros de investigación e universidades estatais e extranxeiros (Colexio de Europa de Bruxas ,Instituto del Agua y de las Ciencias Ambientales na Universidade de Alicante, Universidade de Harvard,Centre for Environmental Technology do Imperial College de Londres…) e a participación en proxectos financiados pola DGICYT, a Xunta de Galicia e o programa STRIDE da Unión Europea. Participa como experta no Steering Committee On Local And Regional Democracy do Consello de Europa. É membro do Observatorio de Políticas Ambientales e do Observatorio Galego de dereitos lingüísticos.

As liñas de investigación principal encádranse no Dereito ambiental, Dereito Administrativo Económico, dereitos lingüísticos, Dereito do Turismo e Dereito Público Autonómico.




ENTREVISTA:


P - ¿ Que ten de diferente este proxecto para que a Xunta o declararse proxecto estratéxico ?

R – Os proxectos estratéxicos son unha vía que ten a Xunta para eludir certos controis municipais. O decreto de supramunicipalidade é o que permitia eso e agora ten unha lei da Xunta que recolle o que decía ese decreto. Esta foi aprobada para sacar a Ence do control de Pontevedra , Ence necesitaba licenza urbanística e someterse aos controis municipais, entón declarouse proxecto supramunicipal (os agora estratéixcos) que o que fai é darlle ventaxas administrativas en canto a tramitación, privilexios en materia de expropiación, dalle preferencia na tramitación de axudas e impidelle ao concello opoñerse a esa industria incluso obrigandoo a cambiar o plan urbanístico si esta se atopa en unha zona verde.



P - ¿ Podería a empresa expropiar os terreos (enténdese con autorización da Xunta) en caso de non poder compralos ?

Si, sería unha expropiación por causa de interese social, non para uso público, polo que terían que motivar que ten ese interese social alegando que xenera emprego, produce unha actividade económica nunha comarca deprimida, etc. Esta motivación é recurrible e revisable pero poderían facelo, unha vez feito esto tramitariase un procedemento de expropiación, declárase de utilidade pública, declárase a necesidade de ocupación dos terreos, iníciase o procedemento de tasación e expropias.



P - ¿ A expropiación sería levaba a cabo pola Xunta por ser declarada proxecto estratéxico ?

Si, as expropiacións só as pode levar a cabo unha administración pública, pero o que pode facer tamén é expropiar para outros, o titutar da empresa eólica, o propietaria da mina, etc. O concello tamén o podería facer pero ao ser un proxecto estratéxico o normal é que expropie a Xunta.



P - ¿ A empresa ten a obriga de garantir un número de empregos na zona ?

Non, non necesariamente, eso dependera tamén das condicións que acorde a Xunta con ela, é dicir, poderían utilizar a declaración de proxecto estratéxico como unha especia de compensación a cambio de que o fagan, pero non ten porque ser asi.



P – Entón ¿ Poden decir que crea emprego e logo non ser certo ?

Pode ser, moitas veces neste tipos de proxecto é o que sucede, por exemplo nos parques eólicos din que crea moito emprego pero únicamente durante a fase de construcción xa que posteriormente, na fase de explotación, pode empregar a unhas poucas persoas da rexión en traballos de mantemento pero os demais adoitan ser técnicos que non existen na zona. Ademais, no caso da mina pode resultar que a beta non é o que parece e se peche e punto.



P-¿ Por que sabendo que a explotación incumple normas medioambientais a Xunta o permite ?

*Adicaremos un post futuro a explicar os problemas e normas medoambientais que a empresa incumple ou pode xerar.

Bueno, porque xa ten sucedido no pasado, non é que estemos ante unha administración campeona da protección do medio ambiente. A propia configuración organizativa da Xunta fai que o medio ambiente sexa unha competencia de segunda. Cando había unha Consellería de Medio Ambiente existia un conselleiro que polo menos tiña que pelearse polas suas competencias, hoxe en día non hai consellería, é unha simple Dirección Xeral nunha Consellería de Infraestructuras, esa é a consellería que temos. Eso ao final marca carácter e a hora de ir a pelexarse co conselleiro que leva minas, o Conselleiro de Industria, a pelexa é entre un director xeral e un conselleiro donde este último leva as de perder, non é unha cuestión menos que non exista unha Consellería de Medio Ambiente como se pode ver en todas as decisión tomadas nos últimos tempos: derrogación da moratoria que impedía construir nos primeiros 500 metros de costa, plan de ordenación do litoral que xa sabemos como foi, camiño cara á continuidade de Ence, medidas que deixan moito que desexar.



P - ¿ A declaración de proxecto estratéxico solicitao a empresa ou concedello a Xunta ?


Procedemento de declaración: O procedemento para a declaración dunha proposta de investimento iniciarase por instancia de parte mediante a solicitude da empresa interesada dirixida á Consellería competente en materia de industria.

Efectos da declaración: A declaración dunha proposta de investimento como Proxecto Industrial Estratéxico autorizara á implantación deste e ademais tera os seguintes efectos. A aprobación do proxecto de implantación ou da ampliación da instalación industrial, a non suxeición a licenza urbanística municipal, a declaración de utilidade pública e de interese social como proxecto industrial estratéxico así como a necesidade e urxencia* da ocupación dos bens e dos dereitos afectados dos que o solicitante da declaración teña condición de beneficiario da expropiación.

O procedemento de urxencia na expropiación quere decir que podes facerte cos terreos incluso antes de indemnizar aos propietarios.



P - ¿ En caso de que se presentara un recurso á expropiación e este lle dera a razón aos propietarios ?

Esto ocorreu recentemente nas expropiacións do aeroporto de Alvedro e nas da presa do Río Umia. Pode suceder que se declare que non existía tal urxencia, que non está motivada a urxencia, que non había necesidade de expropiación ou que non está motivada a causa de interese social ou pública. Si esto sucede cando a explotación xa está en marcha os xuices adoitan decretar indemnizacións para os propietarios, pero xa non se lles poderían devolver os seus terreos.



P - ¿ Se existise algún problema ou risco ambiental teria algunha responsabilidade legal a Xunta xa que foi quen concedeu a licenza e a declaración como proxecto estratéxico ?

En Galiza existen as cuestións da fianza e ambiental e a Lei de Responsabilidade Ambiental que implicaría que a partir dun determinado nivel de risco debería existir un seguro para cubrir esas eventualidades. Agora ben, na Lei de Responsabilidade Ambiental esta previsto que todos aqueles danos que se ocasionen amparados por unha autorización, é dicir, imaxinemos que si a autorización permite usar cianuro os danos provocados por este producto non son responsabilidade da instalación e, polo tanto, poderían selo da administración. Si alguén acaba con problemas de saude ou coas colleitas contaminadas e, cando reclama, a empresa é capaz de demostrar que a administración lle permite actuar de esa forma mediante a autorización o afectado podería ir contra esta que é quen ten a responsabilidade última.



P - Entón ¿ a Administración esta xogando con lume ?

Si, sobre todo porque un dos chamados delitos ecolóxicos e o de prevaricación ambiental que di que a autoridade pública que ampare a sabiendas coas suas decisións un dano ambiental pode ir ó cárcere, están previstos ata catro anos de cárcere. Se ti asinas unha licenza e participas nunha toma de decisión donde eres consciente de que estás tomando unha decisión nociva para o medio ambiente si alguén te leva a un xuizo pode ganalo, de feito hai alcaldes con penas de prisión por omitir os seus deberes de vixiancia sobre unha granxa con emisión de vertidos de purins.



P – ¿ Si a empresa afectara a outras explotacións ganadeiras, forestais ou de calquera tipo us afectado deberían denunciar para recibir unha indemnización ?

Si, eses afectados poderían denunciar os posibles efectos nocivos que teña sobre os seus terreos, as suas colleitas, o seo ganado ou a sua propia saude. Para gañar o procedemento deberían demostrar a relación causa – efecto dos danos coa explotación.



P - ¿ Existe algunha forma a día de hoxe para que os afectados, os que estan en contra da mina, poidan parar o proxecto ?

Poderían ir recurriendo todo o que se fai no proxecto, igual que fixo ADEGA recurrindo a avaliación de impacto ambiental ou a autorización do proxecto, poden facelo os propios afectados. Unha vez acabada a vía administrativa de recursos poderían acudir á vía xudicial.



P - ¿ Que obligacións legais ten a empresa de recuperar a zona posteriormente ?

En minas, como é o caso, hai unha normativa de recuperación dos espazos, hai unha lei de ordenación da minería de Galiza de 2007 da cal fun autora do borrador do proxecto. Esta lei contempla a necesidade de recuperar os espazos mineiros e obriga a presentar o plan de recuperación no momento en que se autoriza a explotación, habería unha obriga total.

Ademais desta lei existe unha normativa comunitaria posterior que fala de como recoller os residuos mineiros, é dicir, que en esta materia hai normativa, outra cousa é que se aplique xa que podemos ver o caso da extracción de lousa en Valdeorras onde a Xunta non vixia a obrigación de recuperación do espazo.



P - ¿ A Xunta levará a cabo algún tipo de controis sobre a contaminación ?

A xunta ten tanto a obrigación e competencia de controlar a recuperación do espacio como a contaminación provocada, por exemplo, en vertidos as augas dun río público. Existen incluso competencias de seguridade mineira sobre as condicións das instalacións, a problemática balsa de lodos para a que sirve de exemplo a de Alumina Aluminio, todas estas cuestións poden ser inspeccionadas pola administración.



Esperamos que esta entrevista siga engadindo máis puntos de vista e opinións ao debate e arroxe algo de luz sobre a parte medioambiental do proxecto. ¿ Vós que opinades ?




Firmado: Miguel Núñez Torres, Arturo Pérez González, Julien Labarbe, Daniel Barreiro Quintáns.

domingo, 2 de diciembre de 2012

Entrevista a Aurelio Núñez Centeno, deputado do PP




Neste novo post queremos dar a coñecer a visión de outras das partes implicadas no conflito, a Xunta. Para isto fixémoslle unha breve entrevista ao novo parlamentario do PP, Aurelio Núñez Centeno. Con orixes no municipio de Ponteceso aínda que nado na Coruña, Aurelio Núñez traballou como médico durante máis de 20 anos en Carballo, cargo que abandonou recentemente para adicarse á política.


-Antes de nada, está de acordo coa mina? E por que?
Estou a favor, como estou a favor de calquer iniciativa que xere empleo sempre e cando respete a normativa medioambiental.

-Que cambios pensa que vai a producir sobre a comarca?
O cambio fundamental  será a xeración de postos de traballo na propia empresa y nas empresas auxiliares e a mellora económica da zona. Ademáis pode ser un referente importante na situación actual de crise.

-Cree que isto pode atraer a máis industrias para a zona?
Cabe a posibilidade de que se dé a coñecer máis a zona e que atraia a máis empresas para que se instalen nos polígonos da zona, por exemplo.

-Por que motivo se decidiu considerar a mina de Corcoesto un proxecto estratéxico?
Facilitar os trámites e acortar os plazos legais dentro da normativa vixente para poñer en funcionamento a empresa pola importancia que terá na comarca nos tempos que estamos.

-Non pensa que as facilidades tamén se lle deberían dar a outro tipo de industrias?
Por suposto. Un dos problemas no momento actual é o complexo sistema burocrático e a perda de tempo para abrir negocios. Hai que facer as cousas con prespectiva de futuro como ocorre cos polígonos da zona como o de Bértoa ou da Laracha. Son unha inversión e ,aínda que na actualidade non se lle esté a dar uso, unha vez entre en funcionamento o Porto Exterior da Coruña Bergantiños xa contará cos medios para atraer as empresas relacionadas ca porto. Creo que esto é unha oportunidade para a zona.

-Que lle diría a xente que se opón a apertura da mina?
Que están no seu dereito, que expoñan as súas razóns e que se realmente se fai a mina vanse a comprobar que se cumple toda a normativa vixente. 

-Que alternativas presentaría a zona unha vez se cerre a mina?
A apertura da mina non evita que se instalen outras empresas que sexan máis duradeiras e polo que tamén apostamos.

-Crees que podería acontecer algo semellante ao que pasou fai anos coa oposición a instalación dunha industria de celulosa na ría de Ponteceso ?
Nese caso considero que había tanto ou máis apoio á instalación da celulosa que oposición pero os que sairon a protestar aínda sendo menos fixeron que non se concretara. Loxicamente agora a situación sería máis ventaxosa porque existen uns controis maiores e o perigo é menor. A veces a creación de unha infraestructura ou dunha industria ten un impacto, nalgúns caso moi pequeno, e a xente oponso como sucedeu coa AP-9 aínda que ninguén dubide agora dos seus beneficios. Tamén pasou algo parecido ao da celulosa coa a piscifactoría que se pretendía instalar en Touriñán e que finalmente está en Portugal, o que fixo que se perderan 800 postos de traballo.

-Xa para rematar non preferiría que a industria que se instalara fora de outro tipo (tecnolóxica, loxística...)?
Non é unha contra outra, é unha e outra. Toda indutria é boa mentres non se demostre o contrario se respeta as normas.



Como podedes ver nas distintas entradas as opinións sobre a mina de Corcoesto son moi distintas. Vos que pensades?



Firmado: Daniel

jueves, 22 de noviembre de 2012

Presentación e datos sobre o proxecto

Neste breve post tentaremos dar unha visión xeral e descriptiva sobre o proxecto da mina de ouro de Corcoesto e non afondaremos na problemática e o conflicto xerado entre as distintas partes implicadas.

A mina situaríase en Corcoesto, unha parroquia do municipio de Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte e a 60 km da cidade de A Coruña. A mina ocuparía espazos de uso agrícola, gandeiro e forestal e estaría moi preto de núcleos de poboación como Montefurado ou Castro así como do río Anllóns.

Futuro emprazamento da mina
A explotación sería a ceo aberto e ocuparía arredor de 700 ha e cun diámetro de entre 1,5 km y 2 km. Nela existirían tres pozos dos que se extraería o mineral: Pozo do Inglés, Pozo de Picotos e o Pozo de Petón do Lobo.

Ademáis da mina propiamente dita a explotación precisará dunha balsa de lodos que conterá 17 millóns de toneladas de materiais extractivos dos cales boa parte sería auga e cianuro necesarias para o tratamento do mineral. Tamén serán necesarias plantas de tratamento, edificios auxiliares e infraestructuras viarias e de suministro de enerxía.

Espacios ocupados pola explotación.
Aínda que nun principio a mina é a ceo aberto contémplase a posibilidade de que se poida
continuar explotando mediante un sistema de galerías.

Unha vez acabada a explotación da mina a empresa conta cun plan de recuperación co fin de devolver a zona ás características medioambientais coas que conta na actudalidade. Esto implicaría o recheo progresivo dos furados creados para extraer o mineral, unha reforestación da zona con especies autóctonas e a anegación do pozo de Petón do Lobo.

Según datos da empresa Edgewater Exploration, promotora do proxecto, cunha inversión inicial de 135 millóns de dólares e cunha vida útil da mina de case 10 anos, esperan producir unha cantidade de algo máis de 100 mil onzas de ouro anuáis que reportaría unha media de ingresos anuáis netos de 60 millóns de dólares.

En canto os datos medioambientais e de contaminación da mina facilitarémolos nunha próxima entrada que adicaremos exclusivamente a iso.



A continuación deixámosvos dous vídeos explicativos. Un realizado pola empresa que amosa os principais rasgos da mina dunha forma máis gráfica. E o segundo, un reportaxe da TVG, máis concretamente do programa Reporteiros, no que podemos observar unha visión xeral do proxecto así como o conflicto entre as distintas partes interesadas.

Edgewater Exploration Corcoesto Gold Project Overview




Reporteiros TVG






A mairoría dos datos que aportamos neste post foron facilitados pola empresa Edgewater Exploration, a pregunta é podémonos fiar deles? A vós que vos parece?


Firmado: Arturo y Daniel.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Entrevista a fondo á Plataforma pola defensa de Corcoesto

Nesta entrevista, Paco García empadroado en Corcoesto e exercendo de portavoz da Plataforma pola Defensa de Corcoesto, trata de expresar o que moitas persoas coma él e os seus compañeiros están vivindo no concello, así como o pesar que sinten vendo o que poden perder se finalmente esta mina é aberta.

Tentaremos presentar así a súa situación na seguinte entrevista.


-¿Cales son as razóns polas que estades en contra da apertura da mina?

Este é un proxecto altamente contaminante, que destrúe o noso modo de vida, a nosa economía local, provoca división social e danos irreversibles na nosa terra.

A superficie afectada pola mina vai ser de unhas 700 Ha de monte arborado e produtivo de moi boa calidade, que constitúe un importante sustento económico para os veciños de Corcoesto.

As fontes de auga que se atopan na area afectada pola explotación van a desaparecer, xa que as cortas do terreo chegan a profundidades de ata 300 m, moi por debaixo do nivel freático. Estas fontes, abundantes e de moi boa calidade, abastecen ó 80% dos fogares da parroquia, polo que a súa perda suporía un retroceso na nosa calidade de vida, sobre todo si se ten en conta que o abastecemento se fai sen custe para os veciños a través de traídas veciñais.

A economía local ligada ó medio veríase moi gravemente afectada. Actividades como a gandería, a agricultura, as explotacións forestais e o turismo rural, son totalmente incompatibles coa actividade mineira. Ademais das perdas do potencial económico derivado destas actividades, os veciños sufriremos un perda moi importante do valor do noso patrimonio. Os nosos montes serán expropiados e os nosos bens inmobles, casas e fincas, perderán todo o interese que puideran ter para persoas que procuran unha segunda vivenda nunha contorna natural privilexiada, tranquila e afastada dos núcleos urbanos, xa que o desenvolvemento da vida na parroquia con unha actividade altamente contaminante e ruidosa, veríase gravemente afectada.

A actividade mineira ten previsto un consumo de auga de máis de 1 millón de litros diarios, a cantidade de cianuro de sodio a empregar diariamente e de 1,4 tn e vaise  construír unha balsa de lodos cunha superficie aproximada de 1.800.000 m2 que albergará uns 17 millóns de toneladas de materiais extractivos, dos cales máis de 100.000 tn son residuos contaminados con cianuro, procedentes do proceso de lixiviación. É dicir, residuos perigosos que quedarán para sempre nos nosos montes.

Algúns  fogares de Corcoesto están situados a menos de 70 m de distancia dos furados, a menos de 200 m da balsa de lodos, e a uns 30 m da planta de tratamento.

As quendas de traballo previstas serán de 12 horas as 24h do día. Construirase unha planta de tratamento que ocupará unha superficie de uns 30.000 m2. Esta planta albergará tres muíños de moenda que trituraran o mineral onde se atopa o ouro a diferente granometría traballando as 24h tódolos días, o que, xunto co resto da maquinaria empregada, provocará unha contaminación acústica que perturbará gravemente, como xa se ten dito, a tranquilidade da parroquia.

Na actividade mineira está previsto empregar dinamita cunha frecuencia dunha voadura por día. No proxecto contémplanse dous tipos de voaduras, a tipo A e a tipo B. A tipo A é a máis agresiva, pois precisa de 2.700 barrenos capaces de arrincar 38.000 m3 de material en cada voadura. Isto provocará, sen dúbida, danos nas estruturas das nosas vivendas e afectará de xeito moi significativo ó gando, a outros animais domésticos e a fauna salvaxe.

As verteduras previstas de materiais pesados (Níquel, Arsénico, Chumbo) superan os límites legais. Estes metais son arrastrados polas augas de escorrenta e van parar directamente ó río Anllóns que virte as súas augas en zonas moi ricas para o marisqueo, como son o estuario de Cabana e a ría de Corme e Laxe.

O proxecto mineiro vaise a desenvolver moi preto do río Anllóns, que é un lugar Lugar de Interese Comunitario (LIC). En caso de calquera accidente todo vai parar ás súas augas, polo tanto, as rías de Cabana, Corme e Laxe, estarán permanentemente en perigo durante o tempo de actividade da mina, e despois, por centos de anos, polos residuos acumulados pola mina depositados nas balsas.

-¿Que vos levou a organizar esta plataforma?

A plataforma constituíuse para defender os intereses da parroquia, do seu patrimonio natural, do seu modo de vida e da súa economía ligada ó medio. É unha iniciativa que xurde porque os veciños de Corcoesto sentímonos totalmente indefensos ante as nosas administracións (Xunta e Concello) que claramente se manifestaron como partidarias da apertura da mina, e polo tanto, nunca nos tiveron en conta nin nos teñen. No caso do Concello, digamos, do Alcalde de Cabana de Bergantiños, o desprezo cara ós veciños foi e é total, e mesmo intentou, nun primeiro momento, unha persecución “policial”, propia doutros tempos, contra os membros da plataforma.

Como sociedade civil que somos, organizada a través da figura de plataforma, non queremos que destrúan e vendan a prezo de saldo a nosa parroquia. Queremos o noso patrimonio e queremos desfrutalo, explotalo de xeito sostible e deixalo en herdanza para que as xeracións vindeiras tamén o poidan desfrutar.


-¿Que accións estades levando a cabo para loitar contra a mina? ¿Tiveron algún efecto ata o momento?

Temos presentadas alegacións ó proxecto cando foi sometido a exposición pública mediante a súa publicación no DOGA. As alegacións, apoiadas en informes técnicos, foron asinadas por máis de 1.300 persoas. Ao mesmo tempo fomos establecendo contactos e mantendo reunións con diversos partidos políticos, algún dos cales, concretamente o  BNG, foi quen de levalo ao Parlamento de Galicia e ao Parlamento Europeo.

Ademais do anterior, levamos a cabo unha labor de divulgación e de información do proxecto tanto con veciños coma cos medios de comunicación e por suposto tamén, prestámoslle especial atención ás redes sociais como ferramenta de comunicación das nosas actividades e das nosas preocupacións.

Desde a plataforma mantivemos contactos con outras asociacións ecoloxistas, e en especial con Verdegaia, que colaborou con nós dende o principio e sigue colaborando de maneira moi activa.

Tamén estamos facendo un seguimento especial de toda a normativa e a lexislación aplicable ás actividades mineiras que nos permita actuar contra este proxecto, e tratamos, dentro das nosas posibilidades, de velar polo axeitado cumprimento da normativa, tanto por parte da empresa mineira como por parte da Xunta de Galicia.

En xeral consideramos que todas estas accións teñen logrado e operado moitos efectos importantes. Quizais o mais destacable, polo seu impacto de cara ó público, sexa o feito de ter mostrado unha clara oposición da veciñanza ao proxecto mineiro. Esta oposición pública, canalizada a través dos medios de comunicación, logrou contrarrestar a propaganda da empresa mineira e do propio Concello de Cabana a favor do proxecto. A aparición da plataforma non lles facilitou as cousas fronte a cidadanía de Corcoesto nin da Comarca, pois esta tivo a oportunidade de comprobar e coñecer a realidade do despropósito que se pretende levar a cabo na nosa parroquia coa complicidade das autoridades.


-¿Onde estades atopando unha maior oposición (Empresa, Concello, Xunta), e cales pensades que son as razóns, quizais un interese a maiores do económico da empresa? ¿Político quizais?
Como xa manifestamos, a oposición atopámola en todas as administracións, tanto a nivel autonómico como a nivel do Concello. A empresa mineira, por suposto, fai o seu traballo, aínda que os seus métodos non son os mais axeitados para empregar nun país desenvolvido como Galicia. Pero isto débese a que están acostumados a traballar en países onde as persoas teñen poucos dereitos e pouca capacidade para facelos valer.
O feito de que a Xunta de Galicia estea tramitando este proxecto como “industrial estratéxico” amparándose nunha lei que permite todo con tal de crear 250 empregos, dando igual a duración e as condicións dese emprego, transmítenos unha pobre e cativa visión do país. Si a isto engadimos que o proxecto utiliza unha tecnoloxía altamente contaminante e nada innovadora, a actuación da Xunta é aínda mais cuestionable, si cabe.
Como plataforma consideramos que a tramitación deste proxecto como estratéxico é unha trampa e un engano ós cidadáns que lle permite á empresa unha tramitación vip, facilitándolle moitos dos requisitos e saltándose moitos dos prazos que obrigatoriamente debería cumprir e observar para obter a autorización de explotación mineira.
No que se refire ó Concello, a súa subordinación a empresa e total. O Alcalde comprácese de posuír máis de 500 curriculums para traballar na mina, actuando así como director de recursos humanos da empresa. Este persoal é seleccionado a dedo, sen ningún pudor, por parte do Alcalde, e sen atender a ningún tipo de méritos nin puntuación que lle outorguen un escalafón atendendo a criterios de valoración profesional e xustiza social, o que claramente constitúe unha actividade caciquil á antiga usanza.
O seu trato cos veciños que rexeitan a mina deixa moito que desexar, utilizando prácticas represivas que criamos esquecidas xa hai décadas.
Os políticos, tanto a nivel Autonómico cono Local, intentan vender o proxecto como unha gran oportunidade de creación de emprego e de inxección económica para a zona, coa intención de sacarlle réditos políticos e "quizais algúns máis". A súa credibilidade neste momento é nula, e con respecto a isto nós afirmamos que o proxecto mineiro é pan para hoxe e fame para mañá.
Por parte da empresa, o feito de que todos os políticos estean traballando para eles, facilítalle moito as cousas. Como xa dixemos, eles fan o seu traballo. Aprovéitanse dos veciños que poden para acceder ós seus montes ó menor custe posible, e xogan coas falsas promesas de creación de postos de traballo e de prosperidade económica para a zona, pregoadas ós catro ventos, para convenceren á xente que ten os oídos moito mais receptivos nunha situación de crise económica xeneralizada.

-¿Existe algún partido político que vos apoie especialmente?

O único partido que levou o tema ó Parlamento Galego e ó Parlamento Europeo foi o BNG, pero danos a impresión que non cala o suficiente nas súas conciencias este problema, posto que algunhas das súas manifestacións, tanto a nivel Local como Autonómico, foron un tanto ambiguas.

Isto non foi así en Europa xa que a súa europarlamentaria Ana Miranda, fixo unha oposición moito mais firme ao proxecto a través do grupo dos Verdes. Nestes momentos tamén temos unha reunión pendente con Alternativa Galega de Esquerda e co PSOE.

Outro partido que nos apoiou moi activamente desde o principio e que sigue colaborando de maneira moi estreita con nós, é o Partido da Terra, que ten amosado unha sensibilidade especial por este asunto.


-Coñecedes casos semellantes de reapertura de minas de ouro, e nese caso ¿Existen plataformas como a vosa que se opoñan?

Coñecemos a plataforma Oro No en Tapia de Casariego en Asturias e incluso un  amplo número de veciños viñeron a Corcoesto a apoiarnos e a solidarizarse con nós. Foi un contacto moi importante para nós, que seguimos mantendo a través das redes sociais e do correo electrónico.

Eles conseguiron rexeitar un proxecto moi parecido ó noso e coa mesma empresa. Agora parece que a empresa volve a intentalo, pero de xeito subterráneo a través de galerías.

Outro contacto que mantemos e con veciños de Esquel, na Arxentina, cos que compartirmos a mesma loita e as mesmas preocupacións en contra da minaría a ceo aberto.


 -¿Pensades que existe algunha alternativa factible á mina que poda xerar emprego?¿Cales pensades que poderían ser esas potencialidades na zona?

Pensamos que existen moitas alternativas respectuosas co medio, xeradoras de emprego e sostibles a longo prazo. Por exemplo:
-Explotacións de vacún de carne.
A raza rubia galega é unha das máis estendidas na nosa Comunidade Autónoma. No canto de utilizar os montes para un proxecto mineiro, unha boa alternativa sería a de unir e cercar a maior extensión de monte co fin da produción de carne, xerando así postos de traballo e mantendo limpos os montes evitando incendios forestais.
-Fungos.
Utilizar os nosos montes para realizar unha plantación de fungos comestibles sería outra alternativa viable e xeradora de valor para a nosa parroquia, xa que este produto está cobrando unha crecente importancia no sector alimentario.
-Horta.
Corcoesto é unha parroquia que destaca pola fertilidade do seu solo, o que a fai apta para a produción hortícola.
A xente de Corcoesto podería constituír unha cooperativa de produción hortícola. Isto podería facerse poñendo en común terreos, orientando as producións cara a variedades autóctonas galegas, planificando axeitadamente os cultivos e dirixindo estas producións cara as canles curtas de comercialización, fundamentalmente a través da venta directa ao consumidor final e á canle HORECA.
Neste ámbito, tamén existen outras experiencias desenvolvidas co apoio da gran distribución, como GADISA e VEGALSA-EROSQUI, que garanten a compra de todas as producións locais de temporada a prezos razoables para os produtores. Estas experiencias, aínda que con unha estratexia comercial totalmente diferente ás anteriores, teñen contribuído á xeración de riqueza e emprego nos lugares onde se desenvolveron, e a través delas, recuperáronse para a produción terras abandonadas.
- Centro de recuperación de especies autóctonas.
En Galicia existen diversas especies autóctonas en perigo de extinción, como poden ser: No gando bovino, as razas Cachena,Caldelá, Frieiresa e Vianesa, a ovella galega,a galiña de Mós, o cabalo de PRG, o porco Celta, e a cabra autóctona. Para a recuperación destas especies existen diversos centros como poden ser " O Veral" en Lugo e o de Rodicio en Ourense, nos que se leva a cabo unha labor de cría destas especies. Pensamos que se poden desenvolver iniciativas de cría de estas especies e de comercialización destes produtos a través dos circuítos curtos de comercialización e de procesos de transformación xeradores de valor engadido.
-Forestal
Os montes de Corcoesto, coma outros moitos en Galicia, poden facerse máis rendibles a través dunha xestión forestal ordenada. Na actualidade existen fórmulas de xestión forestal baseadas no asociacionismo que permitirían incrementar a rendibilidade do noso monte e ao mesmo tempo contribuirían á xeración de emprego derivado da necesaria conservación e mantemento.
Non podemos perder de vista que o monte é unha fonte de riqueza (e de aforro para os seus titulares), que permite o desenvolvemento de actividades complementarias á básica de produción de madeira, como as xa mencionadas gandería, a produción de cogomelos, e outras como a produción de material vexetal para biomasa.

- Embotelladora de auga.
Tendo en conta a boa calidade da auga da nosa parroquia e sabendo que co proxecto mineiro as fontes, pozos... van desaparecer, poderíase seguir co autoabastecemento e mesmo crear unha embotelladora de auga. Esta proposta non necesita unha gran estrutura nin ten un custe moi alto.
- Formación e rehabilitación de vivendas con criterios de bioconstrución
Esta é unha actividade en expansión con potencialidade para a creación de emprego a través de procesos de rehabilitación de vivendas con materiais ecolóxicos e locais, que aportarían ás vivendas, calidade, confort e aforro enerxético. Na parroquia xa se teñen parado proxectos de rehabilitación por culpa da mina. Hai que ter en conta que a crise da construción afecta principalmente á contorna urbana, e sobre todo ás novas vivendas, pero non á rehabilitación.
- Turismo rural.
Corcoesto posúe un gran patrimonio natural, cultural e construcións típicas do rural galego. Algunhas iniciativas neste ámbito tamén xa se paralizaron e os que seguen adiante, fano pensando unicamente en facer rendible o proxecto en base á ocupación por parte dos empregados da mina e das súas contratas.
A realidade vai ser ben diferente do que pensan, pois ningún dos traballadores se aloxará neste tipo de establecementos, onde non poderán durmir, xa que algún deles, atópase á escasos metros das infraestruturas de moenda do material.

 -No peor dos casos, ¿Cales poderían ser as consecuencias ambientais da apertura da mina?

A primeira consecuencia da mina é a ocupación e a contaminación de unhas 700 ha de monte. Esta superficie (8 Km2), que representa a metade da superficie da parroquia de Corcoesto (13,9 km2), sería expropiada ós veciños e contaminada para sempre.

Outra consecuencia case inmediata da mina, sería que a meirande parte das fontes de auga que hoxe coñecemos, desaparecerían.

A peor das consecuencias, e que ademais, segundo os expertos non é imposible que aconteza, sería un accidente con cianuro de sodio. Este material está catalogado coma materia perigosa (moi tóxico e corrosivo), e as consecuencias dun accidente serían desastrosas non só para a poboación de Corcoesto, senón tamén para outras parroquias limítrofes. Dependendo da gravidade do accidente, sería necesario evacuar de xeito inmediato á poboación a máis de 2,6 km de distancia, provocando unha contaminación do entorno con consecuencias moi graves e irreparables.

Outra consecuencia gravísima, sería que se produza unha rotura da balsa de lodos e como consecuencia se produza un gran derrame dos materiais extractivos procedentes da actividade mineira, entre eles, os contaminados con cianuro no proceso de lixiviación. Estas miles de toneladas irán ó río Anllóns e parar a ría de Cabana provocando unha gran catástrofe ecolóxica, semellante a outras que xa teñen acontecido en Romanía e en Aznalcollar en España.

-Se a empresa garantira unhas condicións medioambientais aceptables, ¿Estariades de acordo coa apertura da mina?

Nunca estaríanos de acordo coa apertura da mina, xa que a tecnoloxía que emprega é obsoleta e altamente contaminante. A minaría con cianuro está prohibida en países como Alemaña, Romanía e no propio pais de orixe da empresa, en Canadá. Existe ademais unha resolución do Parlamento Europeo UE B7 0240/2010 instando ós países membros a prohibir a utilización do cianuro.
Si o crecemento económico non é sostible e respectuoso co medio, non é un crecemento que mereza a pena. A crise económica non debe servir de pretexto para aprobar proxectos deste tipo que arruínan o futuro do noso pais.

-¿Que lle diriades aos veciños da zona que están a favor da mina?

O único argumento que utilizan os veciños para defender a mina é o traballo. Ante iso nos dicímoslles que o traballo non dignifica ó ser humano, senón que é o ser humano quen ten que dignificar o traballo. Non podemos admitir que alguén estea disposto a traballar na destrución do seu. Sería inimaxinable que calquera de nós aceptase un traballo ofrecido por unha empresa para destruír a nosa casa. Isto é o que están facendo en Corcoesto, ofrecéndonos un traballo para destruír a nosa parroquia.
En calquera caso, estar en contra da mina non é estar en contra do traballo, pero a xente debe saber que moi poucos de Corcoesto traballarán na mina, sinxelamente porque alí non se atopa man de obra suficientemente cualificada e o postos de traballo ós que poidan optar, serán os menos cualificados, os mais arriscados e os mais baratos.

Por outra banda, trece anos de explotación non son nada e despois a degradación económica da zona será total. Hoxe, o 44% dos pobos abandonados de Asturias son mineiros. Corcoesto non é unha zona degradada como a quere presentar a empresa e tamén agora o Concello. Corcoesto ten un gran potencial agrícola, gandeiro e forestal, e é responsabilidade das Administracións xunto cos cidadáns, dinamizar e apoiar proxectos máis duradeiros e sostibles, que fixen poboación e relancen a economía local. Por desgraza, as políticas nefastas das nosas Administracións son totalmente contrarias co respecto á natureza, á vida e ó futuro, e neste caso concreto, temos a sensación de que están a vender o noso país a prezo de saldo a unha multinacional para que nos explote e destrúa a nosa terra.

Deixamos aquí o enlace por se alguén quere coñecer máis a fondo a opinión da Plataforma.

http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/p/mais-informacion.html

E vós que opinades sobre este tema?

Firmado: Arturo e Daniel.